PRODUCIÓN: cubrimos as necesidades de todo tipo de eventos (concertos, festivais, xornadas, feiras culturais,...), para que todo esté no lugar e nos tempos necesarios e conseguir o mellor resultado posible, contando ademáis cun equipo propio de son e luces e con profesionais de confianza, que completan o noso traballo (técnicos/as de son e luces, auxiliares de produción, etc). Cóntanos a túa idea de evento e xuntas a faremos realidade.
-Traballos de produción que realizamos: os Xoves de Códax, Butaca de Jazz, Culturgal, Festival Vibra Balboa... entre outros.
ACCESIBILIDADE: facemos máis accesible calquera evento. Temos mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, contamos con intérpretes de Lingua de Signos para eliminar barreiras de comunicación na cultura e tamén xestionamos adaptacións de textos a lectura fácil, accesibilidade web, sinalizacións de espazos... cóntanos o teu proxecto e o facemos máis accesible dentro das túas posibilidades.
-Proxectos que fixemos máis accesibles: Festival Vibra Balboa, Festival Noroeste, FIV de Vilalba, Festival IKFEM, entre outros.
COMUNICACIÓN: deseñamos e executamos campañas de comunicación de proxectos culturais en redes sociais, e da man de compañeiras xornalistas profesionais, completamos estes servizo coa comunicación a prensa e medios tradicionais. Cóntanos o teu proxecto e buscamos o mellor camiño para dalo a coñecer.
-Proxectos que comunicamos: Premios Martín Códax da Música, Compostela Somos Cultura, Festival Vibra Balboa, Sumrrá, Orquestra Galega de Liberación e Martelo.
A continuación recollemos con máis detalle algúns dos proxectos nos que traballamos: