Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility

Os nosos SERVIZOS

PRODUCIÓN: cubrimos as necesidades de todo tipo de eventos (concertos, festivais, xornadas, feiras culturais,...), para que todo esté no lugar e nos tempos necesarios e conseguir o mellor resultado posible, contando ademáis cun equipo propio de son e luces e con profesionais de confianza, que completan o noso traballo (técnicos/as de son e luces, auxiliares de produción, etc). Cóntanos a túa idea de evento e xuntas farémolo realidade!
-Traballos de produción que realizamos: os Xoves de Códax, Butaca de Jazz, Culturgal, Ames Jazz e Vibra Balboa, entre outros.  

ACCESIBILIDADE:  facemos máis accesible calquera evento cultural. Temos mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, contamos con intérpretes de Lingua de Signos para eliminar barreiras de comunicación na cultura e tamén xestionamos adaptacións de textos a lectura fácil, accesibilidade web, e sinalizacións de espazos. Cóntanos o teu proxecto e farémolo máis accesible dentro das túas posibilidades!
-Proxectos que fixemos máis accesibles: Portamérica, O Son do Camiño, Festival Noroeste, Vibra Balboa, FIV de Vilalba e Festival IKFEM, entre outros. 

COMUNICACIÓN: deseñamos e executamos campañas de comunicación de proxectos culturais en redes sociais, e da man de compañeiras xornalistas profesionais, completamos estes servizo coa comunicación a prensa e medios tradicionais. Cóntanos o teu proxecto e buscamos o mellor camiño para dalo a coñecer!
-Proxectos que comunicamos: Premios Martín Códax da Música, Vibra Balboa, Sumrrá, Compostela Somos Cultura, Orquestra Galega de Liberación e Martelo.

 A continuación recollemos con máis detalle algúns dos proxectos nos que traballamos: