En Mada Producións levamos vinte anos facendo da programación e produción cultural a columna vertebral do noso traballo. Tanto nos proxectos de deseño propio como naqueles que requiren da nosa experiencia en produción, cremos nas redes. Ciclos musicais, festivais e encontros, eventos e actividades didácticas. Todos os proxectos necesitan cómplices; en Mada sabemos que ese é a chave.
Os nosos servizos no ámbito da cultura son amplos: programación, contratación, produción, xestión de espazos. Distintos formatos, diferentes escenarios, públicos diversos, e unha fórmula: profesionalidade e ilusión a partes iguais. Ningun proxecto é igual ca outro; que todos teñan un impacto positivo na comunidade, o noso reto.