Se hai proxectos culturais cuxa identidade está condicionada polo espazo no que se desenvolven, ese é, para ben, o caso da programación que desenvolvemos no Pazo do Faramello (Rois). Un dos pazos máis visitados e coñecidos de Galicia, a tiro de pedra de Santiago de Compostela e de Padrón no Camiño Portugués, agocha dentro dos seus muros, non só un anaco da historia de Galicia, senón unha paraxe natural extraordinaria. Un oasis de auga e pedra que dota ao Pazo do Faramello, de estilo barroco, dun magnetismo especial acentuado non só pola proximidade do castro da Raíña Lupa senón pola súa orixe industrial. O pazo foi Fábrica Real de Papel desde 1710 e aínda se poden visitar hoxe os muíños que proporcionaban a enerxía hidraúlica.
“Pazos hai moitos, o do Faramello é único”. As palabras da escritora Emilio Pardo Bazán resoan neste espazo no que desenvolvemos nos últimos anos unha programación cultural para todos os públicos. Concertos, encontros musicais e contadas, pero tamén exposicións, obradoiros gastronómicos e actividades didácticas. Cada proposta enríquecese coa singularidade do Faramello e en Mada Producións obtemos dobre satisfacción: que o público goce da actividade proposta e que, ademais, o faga nun recinto máxico.