Unha adega, un solpor e unha banda sonora para convertelo nunha experiencia inesquecible. Os Xoves de Códax propoñen cada verán un ciclo de concertos na terraza das Bodegas Martín Códax (Cambados) co obxectivo de espertar todos os sentidos do público. A música responde a un programa con propostas nas que os artistas -solistas, duetos ou bandas- procuran a simbiose coa contorna e con ese momento único do día no que a natureza forma parte do espectáculo. Folk, pop, flamenco, electrónica; a escoita nos Xoves de Códax é diversa e sorprendente. E nesas combinacións artísticas e musicais exclusivas, aséntase a forte personalidade do ciclo.
O deseño da programación do ciclo Os Xoves de Códax ten en conta cada ano que a ollada e o gusto tamén son parte integral da experiencia. Nun emprazamento que nos permite gozar da beleza das Rías Baixas e coa degustación dos caldos de Martín Códax, o ciclo é xa un clásico da zona tanto para amantes da música como para aquelas persoas que visitan o Salnés durante o verán. A coidadosa produción dos concertos na terraza das bodegas converte aos artistas que participan no ciclo en embaixadores excepcionais do mesmo.