Empregamos cookies propias e de terceiros para realizar o análisis da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consinte ditas cookies. Pode obteer máis información pulsando Máis información.

   Saber máis - Aceptar.

Compostela Somos Cultura

No pasado 2020 e baixo a dirección artística de Xacobe Martínez Antelo realizamos un novo e orixinal proxecto para o Concello de Santiago.
Durante os anos da pandemia toda a sociedade se veu afectada, pero se cabe o sector da cultura foi un dos máis fortemente golpeados, especialmente no referente aos artistas, xa que directamente pasaron a non ter prácticamente (ou ningún) traballo ao verse reducidas ou incluso canceladas moitas programacións culturais por mor das restriccións.
Para tentar dar un pequeno apoio a esta situación deseñamos para o Concello de Santiago unha nova campaña de comunicación para as redes sociais ca cal dar a coñecer e poñer en valor non só a cidade en si, senón tamén a inxente cantidade de artistas que nela habitan, ao mesmo tempo que se incentivaba e animaba ao consumo de cultura local.
En cada unha das edicións traballamos en torno a 7 artistas afincados en Compostela, os cales se presentan en diferentes espazos da cidade. Todas estas campañas van acompañadas de sorteos de packs culturais que se realizan con diferentes servizos e productos que ofertan as tendas e entidades de carácter cultural.

Compostela Somos Cultura nas redes:
FACEBOOK    INSTRAGRAM    YOUTUBE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar