Butaca de Jazz é un ciclo indoor especialmente deseñado para a sede de Afundación na cidade da Coruña e que parte coa vantaxe -e, tamén, esixencia- de desenvolverse nunha cidade na que este xénero conta con grande afección. O proxecto nace en 2019 coa vontade de construír un programa cos nomes do jazz galego con máis proxección internacional xunto con artistas convidados de fóra. Javier Colina, María Toro, Nani García, Lucía Fumero ou Paco Charlín son algúns dos artistas que xa participaron en Butaca de Jazz
Un dos seus principais obxectivos é amosar a diversidade sonora dese xénero que denominamos jazz e que acubilla no seu paraugas diferentes xeracións e sonoridades. O denominador común en Butaca de Jazz é a calidade das propostas jazzeiras que suben ao seu escenario, cunha condicións técnicas excelentes e co protagonismo de nomes consagrados e artistas no momento medio-álxido da súa carreira.
Butaca de Jazz é un ciclo enmarcado no programa Cultura por alimentos, que propón ao público a doazón de alimentos como modo de acceder aos concertos.