Empregamos cookies propias e de terceiros para realizar o análisis da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consinte ditas cookies. Pode obteer máis información pulsando Máis información.

   Saber máis - Aceptar.
Ames Jazz

Ames Jazz

Mostra de jazz galego que se realiza no Concello de Ames. A primeira edición realizouse no 2018, contando coas propostas de Pablo Castaño e Sumrrá, presentándo ámbalas dúas os seus últimos discos.

O mal tempo fixo trastadar os concertos ao Auditorio de Bertamiráns, pero a segunda edición realizada no 2019 xa puido ser realizada no espazo orixinal para o que fora pensada esta proposta: o Pazo da Peregrina.

Na segunda edición contamos co dúo formado por Mónica de Nut e Virxilio da Silva e Xacobe Martínez Antelo Trío, que trouxeron as presentacións dos seus últimos traballos discográficos ata Ames.

Na terceira edición incorporase un novo elemento, coa fantástica banda de Os Bregadiers que levaron a súa música polas rúas de Bertamiráns, para rematar no Pazo da Peregrina onde finalizamos a noite co gran proxecto de Manuel Gutiérrez Trío.

Na súa cuarta edición apóstase por dous tríos de dous xóvenes músicos como son David Regueiro e o seu jazz manouche e Xan Campos trío, coa súa proposta máis contemporánea, que incluso achega o jazz aos sons electrónicos.

Na súa quinta edición incorpóranse outras actividades, no afán do Concello de Ames por facer medrar este festival, e o festival, ademáis de pasar a ter dous días de duración, incorpora á súa programación a proxección de filmes relacionadas coa temática jazzeira.

 

Datas: Itinerante, entre xuño e setembro


 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar